Exposición pola igualdade

Exposición Itinerante de Fotografías pola Igualdade

Esta semana, coa colaboración da escola, participamos na Exposición Itinerante de Fotografías pola Igualdade da Federación de ANPAs de Compostela. Xa están expostas as fotos para que poidan velas todos nenos e nenas da escola e ao contemplalas reflexionen sobre a importancia da igualdade. Lembrade tamén que ata o 3 de febreiro está aberto o prazo para enviar as vosas fotografías para a próxima edición.