Xincanas pola Igualdade

Mañá comezarán a realizarse as Xincanas pola Igualdade que estivemos organizando estas semanas.

Para saber cando lle tocará á vosa aula podedes ver o calendario aquí:

https://docs.google.com/document/d/1BRHfmZ4Os6fyPDyqpG7qnwLCZsEGGxR2wa5Ns-I8Dik/edit?usp=sharing

A xincanas tratarán de concienciar ás crianzas sobre a importancia da corresponsabilidade nas tarefas domésticas, todo dun xeito divertido e ameno. 

Para elo en parellas (ao poder ser neno con nena) irán realizando seguintes probas que estarán preparadas no patio cuberto:

  • Tender, recoller e doblar roupa: os rapaces e rapazas atoparanse cun tendal e ao lado
    diferentes tipos de roupa e pinzas. Estes deberán tender esta roupa, e logo
    recollela e doblala ben.
  • Poñer e quitar pañais a un boneco: Na seguinte estación atoparanse un bebé de xoguete con pañais e roupa de bebé, deben poñerlle o pañal, vestilo e logo desvestilo e
    quitarlle o pañal.
  • Coser un botón:  Os rapaces e rapazas terán que coser un botón a un retal
    de tela. Os mais pequenos atoparanse as agullas enfiadas e serán botóns
    grandes.
  • Barrer e recoller: Nesta proba atoparanse diferentes embases, follas e
    “basura”, que terán que recoler con escoba e recolledor e metela na papeleira
    que está ao lado.
  • Poñer e recoller a mesa: Terán que preparar unha mesa para comer 4 persoas. E logo, volver a recollela e organizar os cubertos.

Por último terán unha proba final en grupo: o delantal da corresponsabilidade. 

Ao rematar darémoslles:

  • Uns diplomas: que sempre lles fan ilusión
  • Un contrato de corresponsabilidade familar: para que cumplimenten con vós na casa e así sigan aplicando o aprendido 😉
  • Conto “En Casa” sobre a corresponsabilidade familiar

Lembrade preguntarlles que tal a actividade e podedes enviarnos as vosas opinións e comentarios.

Agardamos que vos guste a actividade!!

—-

O programa “Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín” está financiado por:

Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

Secretaria Xeral da Igualdade

Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero