Patios coeducativos e inclusivos 2025


🎉 Retomamos as actividades de patios coeducativos!🌈

Mañá xoves retomamos as actividades de patios coeducativos e inclusivos que tanto éxito tiveron durante os cursos pasados.
Para as novas familias que non as coñezan, estas son actividades organizadas pola ANPA, e que se fan durante os recreos para potenciar a igualdade, a boa convivencia e a integración de todo o alumnado a través de xogos dirixidos.

Ao igual que o ano pasado esta actividade será diaria, polo que poden acudir calquera día da semana. Avisade aos vosos fillos e fillas para que o saiban e así, se o desexan, poidan asistir:


🌞 En caso de bo tempo: que se acheguen ao patio do medio.


🌦️ En caso de choiva: que se dirixan á aula de usos múltiples (en caso de haber cambios na ubicación informaremosvos de novo e tamén as crianzas poden preguntar aos profesores).

A realización desta actividade de setembro a novembro, está subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.


Agardamos que o pasen moi ben!!