A Escola
Consello Escolar
O Consello Escolar é o máximo órgano de goberno dos centros educativos. Ten carácter colexiado e canaliza a participación de todos os grupos e estamentos que compoñen a comunidade escolar dun centro.
Funcións do Consello Escolar
Proxecto Educativo
Establecer as directrices para a elaboración do Proxecto Educativo, aprobalo e avalialo.
Dirección
Elixir ao director ou directora do centro.
Admisión de alumnado
Decidir sobre a admisión de alumnos, con suxeición ao establecido na normativa vixente.
Instalacións
Promover a renovación das instalacións e equipamento do centro e vixiar pola súa conservación.
Plan Xeral de Actuación
Aprobar e avaliar a Programación Xeral Anual, respectando os aspectos docentes que competen ao claustro.
Funcionamento e convivencia
Analizar e avaliar o funcionamento xeral do centro e a aplicación das normas de convivencia.
Rendemento escolar
Analizar e avaliar a evolución do rendemento escolar do centro.
Memoria anual
Informar da memoria anual sobre as actividades e situación xeral do centro.
Composición do Consello Escolar
A composición do Consello Escolar responde á lexislación vixente, estando constituído por:
- Dirección e secretaría do centro
- 3 representantes do titular
- 4 representantes do claustro
- 2 representantes dos alumnos/as
- 4 representantes das familias (un deles elixido pola asociación de nais e pais)
- Un representante do persoal non docente
- Un representante do Concello
As funcións do Consello Escolar veñen recollidas no Real Decreto 83/1996 do 26 de Xaneiro, BOE 21 de Febreiro de 1996.
