Responsable do tratamento: ANPA As Brañas — CEP Ventín
Contacto: xunta.directiva@anpaventin.es
Finalidade do tratamento de datos
Os datos persoais facilitados a través dos formularios desta web serán utilizados exclusivamente para:
- Xestión da asociación de nais e pais (altas, baixas, comunicacións).
- Xestión das matrículas de actividades extraescolares.
- Envío de comunicacións informativas sobre o funcionamento da ANPA e do centro escolar.
- Xestión de mandatos SEPA para a domiciliación de cotas e actividades.
Base legal
O tratamento baséase no consentimento da persoa interesada e no cumprimento dos Estatutos da ANPA e da normativa vixente. Para a xestión de cobros, aplícase o Regulamento (UE) 260/2012 (SEPA).
Dereitos
Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade enviando un correo a xunta.directiva@anpaventin.es.
