Celebramos o Día do Pixama na nosa escola! ✨

Mañá, 20 de novembro, as nenas e nenos do CEP de Ventín volverán participar no Día do Pixama! 🛏️💫

Coincidindo co Día Mundial da Infancia, sumámonos un ano máis á iniciativa promovida por ACOUGO e ASEAF para lembrar algo tan importante como que todas as crianzas teñen dereito a medrar nunha familia. 💛

Ir ao cole en pixama é un xesto simbólico que representa ese momento cotián de ir durmir, sentirse arroupado, protexido e acompañado nun fogar. 🏠💤

Esta iniciativa pretende dar visibilidade ao acollemento familiar e lembrar que hai nenos, nenas e adolescentes que non poden vivir coa súa familia de orixe e precisan dun fogar no que medrar con estabilidade, protección e agarimo.

🛏️ Mañá… lembrade vir co voso pixama máis divertido, colorido e cómodo que teñades!