Festa das familias 2016

Queridas familias do CEP de Ventín:

Como tódolos anos, a Anpa As Brañas dará unha gran festa no colexio para despedir o curso escolar e nesta ocasión a cita será o sábado 18 de xuño.

Pola mañán serán protagonistas os nenos coa tradicional exhibición das actividades extraescolares, a final do campionato escolar de fútbol e un xantar planificado e organizado por un grupo de pais e nais dos alumnos de 5º curso para recadar fondos para a viaxe de fin de curso do próximo ano. Xa pola tarde haberá xogos tradicionais nos que poderemos participar grandes e pequenos, ademais de diferentes atraccións e inchablespara os cativos. A tómbola dos rapaces de 5º, como cada ano, será o preludio do fin de festa.

Isto simplemente é un avance do que será a Festa das Familias 2016. A comezos do mes de xuño chegaravos unha circular da Anpa con tódolos detalles e horarios e as instruccións a seguir para aqueles que queirades compartir unha xornada lúdica e de convivencia no Cole dos nosos fill@s.

Reservade o 18 de xuño nos vosos calendarios e vinde participar nunha festa que co paso do tempo se ten convertido nun sinal de identidade do noso colexio. Será un pracer contar con vós e as vosas familias outro ano máis.

Vémonos en Ventín!!

 

Eventos

Xoves, 11 Febreiro 2021 09:45

Para que as familias poidades ter unha alternativa ás actividades extraescolares presenciais, dende a ANPA estamos organizando unha actividade de Artes Plásticas e Manualidades en modalidade...

Mércores, 23 Decembro 2020 10:50

Este ano as familias do CEP de Ventín abríronnos as portas das súas casas para ensinarnos as súas decoracións de Nadal dun modo virtual. Motísimas grazas a todas as familias por...

Luns, 07 Decembro 2020 09:44

Estivemos preparando unha serie de actividades para animar este Nadal diferente. Levounos un pouco máis do esperado porque queriamos que fosen online, pero xa temos todo listo.  Agardamos que vos...

Luns, 09 Novembro 2020 08:57

Para concienciar sobre a importancia da corresponsabilidade nas labores domésticas preparamos unha Xincana que poidades facer na casa coas vosas crianzas. Agardamos que axude a que así...

Luns, 02 Novembro 2020 09:46

Para pechar o programa Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín o próximo sábado día 7 de novembro ás 16:30 celebraremos unhas Xornadas nas que aproveitaremos para aprender e reflexionar. As...

Venres, 30 Outubro 2020 16:00

Xa podedes acceder á Exposición do Samaín en Igualdade e votar as vosas cabazas e debuxos favoritos. Exposición de Cabazas Exposición de Debuxos A continuación podedes acceder á Exposición...

Luns, 26 Outubro 2020 10:46

Dende hoxe abrimos o prazo para que poidades enviar ideas para o Concurso de Ideas pola Igualdade. Animámosvos a participar enviando as vosas ideas a través de: ENVIAR IDEA...

Martes, 20 Outubro 2020 10:00

Este ano para celebrar o Samaín e seguir facendo en familia cabazas terroríficas, propoñémosvos unha actividade especial adaptada aos tempos do coronavirus. Podedes atopar todos os detalles no...

Please publish modules in offcanvas position.