Queixas relativas os cambios de funcionamento no servizo de comedor

Nos últimos días estamos a recibir varias queixas de nais e pais relativas ao novo procedemento de comunicación do comedor, como ben saberedes xa non se utilizan  as axendas e estase a poñer en marcha a aplicación TokApp, pero na práctica deixamos de recibir información puntual do día a día dos nosos fillos e fillas, se comeu ben, pouco, repetiu… pasando a recibir só as incidencias puntuais que puideran producirse.

 

Para dar resposta ás vosas dúbidas e trasladar as vosas queixas estivémonos informando do funcionamento da nova aplicación na escola coa coordinadora do servizo, tratando de ver que aspectos eran mellorables para así poder solucionar os problemas actuais e facer que todo funcione o mellor posible.

 

Despois de ter esta información, trasladámoslle estes problemas ao Concelleiro de Educación e acordamos que o Concello ía a poñerse a traballar para:

  • Poñer mais equipos para que non se dependa dun só equipo e así todas as monitoras poidan subir a información.
  • Facer á maior brevidade posible unha reunión informativa a tódolos usuarios sobre como funciona TokApp para aclarar tódalas dúbidas que poida haber (esta reunión será a maiores da reunión para novos usuarios que está pendente).
  • Simplificar o proceso de carga de información e darlle formación extra ás monitoras para que non perdan moito tempo adicional coa aplicación (o tempo que perden coa aplicación é tempo que non poden adicar aos nenos e nenas).
  • Ver de incluír a posibilidade que as familias poidan enviar dende a aplicación información ás monitoras (como se podía facer antes coas axendas).
  • Por último, para esta fase inicial enviar unha mensaxe cada día se todo foi ben para que así saibamos que todo vai correctamente (posteriormente só se enviarían as incidencias).

 

Dende a ANPA imos a tratar que o cambio de sistema non provoque unha mingua na información que se viña recibindo a través do sistema de axendas especialmente nos casos nos que se necesita realizar un seguimento máis estrito por motivos de saúde.

 

Seguirémosvos informando das novidades, calquera dúbida ou suxestión será benvida. Este luns presentaremos a nova directiva, estamos ultimando os detalles e desenvolvendo as novas ferramentas que utilizaremos para comunicarnos. Ata que dispoñamos das novas canles de comunicación podédela facer chegar a través de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Please publish modules in offcanvas position.