Colaboracións para a exposición de cabazas do Samaín

Estimadas familias,

Como xa sabedes cada ano os nenos e nenas da escola coa axuda das súas familias preparan fabulosas cabazas de Samaín. Tódolos anos estas cabazas acaban tirándose sen que poidan ser contempladas polas familias.

Realmente é unha mágoa, e por iso este ano en colaboración coa Escola e co Concello estamos a organizar unha exposición con todas estas cabazas de Samaín en distintos lugares de Milladoiro para que poida ser disfrutado por todas as familias e tamén polo resto da xente que vive en Milladoiro.

Cremos que esta é unha oportunidade de achegar o que se fai na escola de Ventín a todas as familias que vivimos en Milladoiro.

Para levar a cabo esta actividade precisamos da vosa axuda para poder trasladar todas a cabazas o mércores día 30 ás 14:30 (precisamos tanto xente para axudar a cargar e descargar como para o transporte, se alguén dispón de furgoneta ou similar seríanos de moita axuda).

Podedes indicarnos a vosa dispoñibilidade así como o que opinades da actividade a través do seguinte formulario:

http://bit.ly/eu-colaboro-co-samain

Únete e colabora!

PD: Darémosvos máis detalles sobre a exposición durante a próxima semana cando teñamos o número exacto de cabazas e todos os lugares dispoñibles, polo momento están confirmados a Casa da Cultura e a Biblioteca.

Please publish modules in offcanvas position.