Presentación Nova Xunta directiva

 

Milladoiro, 21 de outubro de 2019

Estimadas familias:

Dende a nova Xunta Directiva, actualmente en proceso de constitución, queremos aproveitar para presentarnos a todas as familias que formades parte da nosa escola e poñernos á vosa disposición para resolver todas as vosas inquietudes.

 

Como ben sabedes a ANPA é unha parte fundamental do funcionamento da escola xa que permite canalizar a intervención das familias no centro, garantir o dereito á información, e organizar actividades participativas. 

 

Queremos impulsar a participación, a transparencia e a toma de decisións democráticas, e por iso nestas dúas semanas consensuamos unha proposta organizativa que vos permitirá saber como imos a traballar:

 

 

Queremos fomentar a participación de tódolos socios na toma de decisións mediante votacións electrónicas, así como facilitar que poidades trasladarnos todas as vosas propostas e axudar a lograr realizar ás que estean pendentes porque cremos firmemente que a ANPA somos todos. 

 

Queremos establecer unha comunicación constante con vos e por iso agradecemos que nos enviedes todas as vosas propostas (porque sabemos que tedes moitas ideas), consultas (porque ningún sabemos todo) e queixas (porque sabemos que non todo é perfecto) a través dos seguintes formularios ( tamén podes atopalos na sección Escoitamoste ):

 

Queremos impulsar a transparencia, co obxectivo de que esteades informados en todo momento de todo o relacionado coa escola, así como das actividades que esteamos levando a cabo. Queremos que saibades que non estamos parados, e proximamente iredes recibindo información puntual sobre as actuacións que estamos levando a cabo.

 

Todos sodes benvidos dentro da ANPA e animámosvos a asociarvos canto antes se non o tedes feito xa. Agora é moi sinxelo, e podedes facelo directamente dende a casa:

 

 

A partir de agora disporedes de carnés dixitais de socio que tedes que ter recibido durante o domingo no email. No caso de non telo recibido revisade o spam, e senón o atopades posiblemente haxa un problema cos vosos datos. Nese caso  usade o formulario anterior para actualizalos.

 

A vosa participación activa é moi importante para que así, entre todos, poidamos construír a mellor escola posible para os nosos fillos e fillas.

 

Un cordial saúdo,

A Xunta Directiva da ANPA