Despois de moito traballo a próxima semana está previsto que comece a andar de forma oficial a segunda edición do programa “Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín”.
Comezaremos coa realización de 27 sesións de formación co alumnado sobre aspectos relacionados ca igualdade. Este ano as sesións consistirán na realización de 27 xincanas pola igualdade que tratarán de concienciar ao alumnado sobre a importancia da corresponsabilidade nas tarefas domésticas.
Sabemos que os nosos fillos e fillas son unha parte clave neste reto de ir construindo unha sociedade máis xusta e igualitaria e agardamos que estas sesións sirvan para que descubran algúns dos defectos da sociedade actual que é preciso cambiar.
Finalmente o día 13 de novembro, para finalizar o programa, celebraremos as II Xornadas pola Igualdade que inclúe tamén a Escola de Nais e Pais e que van orientadas a toda a comunidade educativa, porque o traballo pola igualdade é un traballo de equipo.
—-
O programa “Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín” está financiado por:
Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero
Secretaria Xeral da Igualdade
Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero
