🎉 Retomamos as actividades de patios coeducativos! 🌈

Este luns 21 de setembro retomamos as actividades de patios coeducativos e inclusivos: xogos dirixidos durante os recreos para potenciar a igualdade, a convivencia e a integración do alumnado.

Este luns 21 de setembro retomamos as actividades de patios coeducativos e inclusivos que tanto éxito tiveron durante os cursos pasados.

Para as novas familias que non as coñezan, estas son actividades organizadas pola ANPA que se realizan durante os recreos para potenciar a igualdade, a boa convivencia e a integración de todo o alumnado a través de xogos dirixidos.

Ao igual que o ano pasado, esta actividade será diaria, polo que poden acudir calquera día da semana. Avisade aos vosos fillos e fillas para que o saiban e así, se o desexan, poidan asistir:

  • 🌞 En caso de bo tempo: que se acheguen ao patio do medio.
  • 🌦️ En caso de choiva: que se dirixan á aula de usos múltiples. Se houbese algún cambio na localización, informarémosvos de novo. As crianzas tamén poden preguntar ao profesorado.

Agardamos que o pasen moi ben! 😊

📧 Dúbidas: xunta.directiva@anpaventin.es