Traballando pola Igualdade

Como xa sabedes, dende a ANPA estamos moi concienciadas coa importancia da igualdade.

Por iso hoxe estamos moi ledas de poder achegarvos a primeira versión do programa de actividades “Traballando pola igualdade no CEP de Ventín”. A verdade, estas últimas semanas estivemos traballando moi duro para adaptar as actividades ao novo contexto do covid-19. Sabemos que aínda nos queda moito traballo por diante e agardamos incluir aínda máis actividades.

Irémovos dando máis detalles de cada unha das actividades.

Agardamos que sexan moi útiles para toda a comunidade educativa!


O programa “Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín” está financiado por:

Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

Secretaria Xeral da Igualdade

Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero