II Xornadas pola Igualdade

Este sábado ás 17:00 celebraremos as “II Xornadas pola Igualdade” que nos servirán para aprender e reflexionar coas charlas que temos preparadas.
Nas Xornadas tamén poderedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas nas Xincanas pola Corresponsabilidade nas Tarefas Domésticas que remataron onte.
 
Podedes inscrivirvos en: https://xornadas.anpaventin.es
 
Aproveitamos para agradecer toda a axuda ás nosas compañeiras de Arelas, Acougo, Anedia, CPEIG e do Concello de Ames.
 
—-
O programa “Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín” está financiado por:
Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero
Secretaria Xeral da Igualdade
Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero