
O próximo sábado 11 de novembro ás 17:00 celebraremos as “IV Xornadas pola Igualdade” que nos servirán para aprender e reflexionar coas charlas que temos preparadas.
Nas Xornadas tamén poderedes coñecer todo o traballo realizado nas accións de formación co alumnado que este ano estiveron adicadas a traballar na creación dun patio coeducativo e inclusivo no CEP de Ventín.
Podedes inscrivirvos en: https://xornadas.anpaventin.es
Aproveitamos para agradecer toda a axuda ás nosas compañeiras de Arelas, Acougo, Anedia, Fagamos, AEP, CPEIG e do Concello de Ames.
—-
O programa “Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín” está financiado por:
Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero
Secretaria Xeral da Igualdade
Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero
