Información legal

Política de cookies

Última actualización: 23 de novembro de 2026.

Que son as cookies

As cookies e tecnoloxías parecidas (como o almacenamento local do navegador) son pequenos ficheiros ou datos que unha web garda no teu dispositivo para poder funcionar ou para recoller información sobre a navegación.

Que usa esta web

Esta web non usa cookies de análise, de publicidade nin de redes sociais. Só usa o almacenamento imprescindible para funcionar, que non necesita o teu consentimento:

  • Área de socios/as: cando entras co código, o navegador garda un identificador da túa sesión (almacenamento local). Serve só para manter a sesión aberta e bórrase ao saír ou cando caduca.
  • Persoas da xunta: ao entrar no panel de administración, WordPress usa as súas cookies de inicio de sesión. Isto non afecta ás familias que só visitan a web.
  • Seguridade: o sistema de protección da web pode usar cookies técnicas para detectar accesos maliciosos.

Contido doutras webs

Algunhas novas antigas inclúen contido doutras webs (por exemplo, enquisas ou vídeos). Ao cargar ese contido, a web de orixe pode usar as súas propias cookies, segundo as súas políticas. As ligazóns a Facebook, Instagram, Telegram ou Google Maps só levan a esas webs cando premes nelas.

Como xestionar ou borrar as cookies

Podes ver, bloquear ou borrar as cookies e o almacenamento local desde a configuración do teu navegador. Se os borras, terás que volver pedir o código para entrar na área de socios/as.

Máis información

Para calquera dúbida, escríbenos a xunta.directiva@anpaventin.es. Tamén podes consultar a nosa política de privacidade.