Cómo asociarse?


É moi sinxelo, podes facelo todo de forma electrónica directamente dende a casa

Unha vez cubras e envies a solicitude recibirás no teu email unha confirmación instantánea da alta

A cota é soamente de 15€ por curso e familia

O cargo irá a nome de Actividades Lúdicas Galicia, ACTEX, que é a empresa que este ano nos está xestionando os cobros

Qué vantaxes ten asociarse?


Participar nas asembleas

Terás dereito a voto

Enviar as túas propostas

E por suposto tamén as túas consultas e queixas

Colaborar e formar grupos de traballo

Sobre os temas que che preocupan

Participar na toma de decisións

Periódicamente enviamos enquisas e votacións para coñecer a vosa opinión

Recibir todas as comunicacións informativas da ANPA

Con todas as novidades relacionadas coa escola

Carné de socio/a

E podes aproveitar os descontos nos establecementos asociados

Todos e todas sodes benvidos dentro da ANPA e animámosvos a asociarvos canto antes se non o tedes feito xa.

A vosa participación activa é moi importante para que así, entre todos e todas, poidamos construír a mellor escola posible para os nosos fillos e fillas.

Please publish modules in offcanvas position.