MATRÍCULA 2023/2024

Aberta a matrícula

Xa está aberta a matrícula para actividades extraescolares para o curso 2023/2024.

Podedes consultar toda a información sobre os horarios, grupos, prezos, número de prazas por actividade, etc. consultando o Plan de Actividades Extraescolares 2023/2024:

HORARIOS E INFORMACIÓN

Para formalizar a matrícula só tedes que premer na seguinte ligazón:

REALIZAR MATRICULA

A matrícula estará aberta todo o curso.

Para comezar en outubro recomendamos matricularse canto antes, e en todo caso non máis tarde do 22 de setembro.

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, a prioridade será por orde de matrícula.

Para as actividades de tarde a entrega/recollida será na Porta Principal.

Só é posible asistir as actividades en horario de comedor se se está no comedor.

As actividades cobraranse por trimestre e o custo será de 33€/trimestre, excepto as actividades que se indican no documento.

O día que inicies a actividade deberás levar os seguintes modelos de autorización:

Modelos Autorización

Se queres darte de baixa nalgunha actividade:

DARSE DE BAIXA

Por motivos loxísticos é necesario avisar como mínimo con 1 mes de antelación á finalización do trimestre, para así poder avisar con tempo ás outras familias por se fose necesario cancelar a actividade xa que non hai o mínimo de alumnado necesario para o seguinte trimestre.

A baixa será efectiva a partir do seguinte trimestre.


MATRÍCULA 2022/2023

Xa está aberta a matrícula para actividades extraescolares para o curso 2022/2023.

Podedes consultar toda a información sobre os horarios, grupos, prezos, número de prazas por actividade, etc. consultando o Plan de Actividades Extraescolares 2022/2023:

HORARIOS E INFORMACIÓN

Para formalizar a matrícula só tedes que premer na seguinte ligazón:

REALIZAR MATRICULA

A matrícula estará aberta todo o curso.

Para comezar en outubro recomendamos matricularse canto antes, e en todo caso non máis tarde do 28 de setembro.

Respetarase a orde da pre-matrícula pero se alguén máis se quere apuntar nalguna das actividades pois tamén o pode facer, a prioridade será por orde de inscrición.

Para as actividades de tarde a entrega/recollida será na Porta Principal.

Só é posible asistir as actividades en horario de comedor se se está no comedor.

As actividades cobraranse por trimestre e o custo será de 30€/trimestre, excepto STEAM que será de 45€/trimestre (30€ da actividade + 15€ de materiais).

O día que inicies a actividade deberás levar os seguintes modelos de autorización:

Modelos Autorización

Se queres darte de baixa nalgunha actividade:

DARSE DE BAIXA

Por motivos loxísticos é necesario avisar como mínimo con 1 mes de antelación á finalización do trimestre, para así poder avisar con tempo ás outras familias por se fose necesario cancelar a actividade xa que non hai o mínimo de alumnado necesario para o seguinte trimestre.

A baixa será efectiva a partir do seguinte trimestre.

PRE-MATRÍCULA 2022/2023

Para poder decidir as actividades extraescolares a realizar o próximo curso abrimos un período de pre-matrícula ata o 7 de agosto.

Unha vez analizadas as pre-matrículas comprobarase qué actividades e horarios alcanzan o mínimo de asistentes, solicitaranse os espazos necesarios e estableceranse os horarios definitivos.

Finalmente en setembro publicaranse os grupos e horarios definitivos e abrirase o proceso de matrícula.

Podedes atopar toda a información sobre as actividades en:

SABER MÁIS

PRE-MATRICULARME

No caso de superar o número de prazas dunha actividade tratarase de abrir grupos extra, e de non ser posible as prazas asignaranse pola orde da pre-matrícula.


MATRÍCULA 2021/2022

Xa está aberta a matrícula para actividades extraescolares para o curso 2021/2022.

Podedes consultar toda a información sobre os horarios, grupos, prezos, medidas covid, etc. consultando o Plan de Actividades Extraescolares 2021/2022.

Para formalizar a matrícula só tedes que premer na seguinte ligazón:

REALIZAR MATRICULA

O período de matrícula para comezar en outubro finaliza o próximo martes 28 de setembro.

O límite é de 10 prazas por actividade.

As actividades de comedor terán unha duración de 45 minutos.

Para as actividades de tarde a entrega/recollida será na Porta Principal.

O custo de cada actividade é de 9€/mes e os recibos emitiranse por trimestre (27€) co obxectivo de garantir a estabilidade dos grupos.

Respetarase a orde da pre-matrícula pero se alguén máis se quere apuntar nalguna das actividades e hai prazas pois tamén o pode facer ao longo do curso.

Na seguinte ligazón podedes ver as actividades nas quedan prazas para anotarvos:

ACTIVIDADES CON VACANTES

O día que incies a actividade deberás levar os seguintes modelos de autorización e a declaración responsable covid:

Modelos Autorización

Se queres darte de baixa nalgunha actividade:

DARSE DE BAIXA

Por motivos loxísticos é necesario avisar como mínimo con 1 mes de antelación á finalización do trimestre, para así poder saber o avisar con tempo ás outras familias por se fose necesario cancelar a actividade xa que non hai o mínimo de alumnado necesario para o seguinte trimestre.

A baixa será efectiva a partir do seguinte trimestre.

PRE-MATRÍCULA 2021/2022

Na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 7 de setembro acordamos que este curso tratariamos de retomar as actividades extraescolares, e dende entón levamos traballando arreo para que esto sexa posible.

Dada a situación especial de incerteza que vivimos, vémonos obrigados a realizar unha prematrícula para poder concretar os espazos necesarios así coma as adaptacións necesarias na documentación relativa ao protocolo covid.

SABER MÁIS

PRE-MATRICULARME

A asignación de prazas farase por estricto orde de inscrición na pre-matrícula ata que se enchan os grupos abertos.

O límite é de 10 prazas por actividade. Na seguinte ligazón podedes ver en tempo real o número de solicitudes recibidas por cada actividade:

ESTADO ACTUAL


MATRÍCULA 2020/2021

Na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 3 de setembro acordouse iniciar este primeiro trimestre sen actividades extraescolares.

Esta foi tamén a decisión que se tomou polo resto de ANPAS do Concello de Ames.

Aquí podedes ver o comunicado conxunto que elaboramos para explicar os motivos detrás desta decisión:

SABER MÁIS


MATRÍCULA 2019/2020

Folla de matrícula actividades 2019/2020

Folla de renovación actividades 2019/2020

Follas de autorizacións

 

Programa de actividades subvencionado por:

 

CONDICIÓNS

1. As actividades estenderanse dende o 11 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020.
2. No caso de que nalgunha actividade o número de solicitudes sexa maior que o de prazas farase un sorteo público. Terán preferencia: 1º os matriculados no curso anterior, 2º os socios e 3º os non socios.
3. Os horarios e grupos das actividades serán definitivos en canto se alcance un número mínimo de 10 nenos nas mesmas.
4. A matrícula deberá formalizarse entre o 12 de xuño e o 21 de xuño (antes das 14:30h).
5. Crearase unha lista de agarda para alumnos que queden sen praza. Así mesmo, ao longo do curso tamén se admitirán novas solicitudes, sempre que haxa vacantes.
6. Para darse de baixa da actividade deberase avisar antes do día 20 do mes anterior ao que se quere causar baixa, sempre por escrito no buzón da ANPA ou por correo-e.
7. Os/as usuarios do comedor serán entregados polos monitores aos profesores das actividades que se desenvolven no centro, sempre e cando os pais/titores do rapaz asinen a autorización correspondente.
8. Ao remate das actividades, cada rapaz será recollido polos seus titores ou as persoas autorizadas por eles; de non ser así, o/a neno/a será entregado á autoridade competente. No caso de reincidir en 3 ocasións sen xustificación o/a neno/a será expulsado da actividade.
9. Será condición indispensable a domiciliación bancaria do pago das actividades para poder matricularse.
10. Non se atenderá ningunha solicitude que non estea totalmente cuberta.
11. Os gastos derivados da devolución dun recibo por parte da entidade bancaria correrán por conta do alumno/a.
12. O feito de non pagar unha mensualidade da actividade será causa de expulsión da mesma.
13. Non se admitirán solicitudes de persoas que non estean ao corrente nos pagamentos á Anpa.
14.*Para a actividade de patinaxe será obrigatorio usar patíns con rodas de parqué, xa que a actividade será no pabellón deportivo do colexio.
O alumno que non cumpla esta condición non poderá realizar a actividade.
15. A cota mensual cobrarase nos primeiros 5 días do mes en curso.

Please publish modules in offcanvas position.