Información legal

Aviso legal

Titular da web

En cumprimento da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), infórmase de que esta web pertence a:

  • Nome: ANPA As Brañas do CEP de Ventín.
  • NIF: G15140486.
  • Inscrición: Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, número 1985/001574-1.
  • Enderezo: Lugar Ventín, s/n – Biduído, 15895 Ames (A Coruña), no CEP de Ventín.
  • Correo electrónico: xunta.directiva@anpaventin.es.

Obxecto

A web informa sobre a asociación, as actividades extraescolares e os servizos para as familias do CEP de Ventín, e permite ás familias facerse socias e xestionar os seus datos e matrículas na área de socios/as.

Uso da web

Quen use a web comprométese a facelo de boa fe, a dar datos certos nos formularios e a non usala para fins ilícitos nin que poidan danar á asociación ou a terceiras persoas.

Propiedade intelectual

Os textos, deseños e imaxes da web pertencen á ANPA ou úsanse con permiso das persoas autoras. Pódense compartir citando a orixe, sen fins comerciais. As imaxes do alumnado só se publican co consentimento das familias.

Ligazóns a outras webs

A web inclúe ligazóns a webs doutras entidades (centro educativo, Concello de Ames, federacións, redes sociais). A ANPA non se fai responsable do seu contido nin das súas políticas.

Responsabilidade

A ANPA procura que a información estea actualizada e sexa correcta, pero non pode garantir que non haxa erros nin interrupcións do servizo. Se atopas algún erro, escríbenos a xunta.directiva@anpaventin.es.

Datos persoais e cookies

O tratamento dos datos persoais explícase na política de privacidade e o uso de cookies na política de cookies.

Lexislación aplicable

Este aviso legal réxese pola lexislación española.