REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO BOS DÍAS COLE DO CONCELLO DE AMES
CAPÍTULO I
OBXECTO, ÁMBITO DE APLICACIÓN E CONCEPTO
Artigo 1.- Obxecto.
O presente regulamento ten por obxecto establecer as normas de organización e funcionamento do servizo Bos Días Cole do Concello de Ames.
Artigo 2.- Ámbito de aplicación.
O ámbito de aplicación territorial do presente regulamento é o Concello de Ames.
O servizo está dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e ESO dos centros públicos do Concello de Ames. [leer máis]