Problemática servizo de transporte escolar

12 de setembro de 2014

Ante os problemas, incidentes e retrasos que se produciron estes tres primeiros días no servizo de transporte escolar, desde a Anpa Ventín cremos oportuno compartir con vós a información que puidemos ir recabando logo de contactar coas partes implicadas.

Sen entrar a analizar os motivos polos que se chegou a esta situación (que son varios e complexos) queremos transmitirlles a todos os pais que nos están a preguntar, que se queren presentar unha queixa polos prexuizos sufridos o cauce oficial é facelo por escrito a través do Colexio. É o centro educativo o encargado de trasladar e canalizar todas as incidencias producidas e tamén as queixas que formalicen as familias. Así nolo explicaron esta mañán na Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios da Consellería de Educación.

Vos aconsellamos que nese escrito fagades constar o feito de que os vosos fillos non chegaron ao colexio antes do inicio da xornada lectiva, especificando o retraso co que o bus os recolleu na parada. Evidentemente, se a maiores houbo algún outro incidente ou perxuizo facédeo constar, pero incidindo sempre no feito de que o bus non chegou á hora. Ese é o factor que máis lle preocupa a Educación, xa que non olvidemos que a Consellería paga por un servizo de transporte escolar, que, como tal, debe garantir que os nenos estean no seu centro á hora na que comezan as clases.

A maiores, pódense presentar por rexistro da Xunta as pertinentes reclamacións polo ocorrido. Esta é unha vía complementaria á anterior, pero o máis habitual e rápido é formalizar a queixa no propio centro.

Por outra banda, esperamos e desexamos que os incidentes non se repitan nin hoxe ao mediodía, nin pola tarde, e por suposto, agardamos que o luns o servizo de transporte funcione con absoluta normalidade desde primeira hora.

Tralo ocorrido hoxe na rúa Palmeiras se lle trasladou á empresa concesionaria que o bus número 10 debe iniciar antes o percorrido para chegar a esta parada con tempo suficiente para que os nenos entren á súa hora no colexio. Tamén se falou coa dirección do centro hoxe e a dirección nos traslada que subsanará os erros detectados nalgunhas listas, o que provocou que hoxe dous nenos quedaran sen subir a un bus e que, alomenos en dous casos, houbese irmáns que viaxaran en autocares e liñas diferentes.

Agardamos que esta información vos sexa de utilidade e seguiremos informando dos pasos que se dean desde a ANPA para tentar que, canto antes, o transporte escolar dos nosos fill@s deixe de ser un problema e se convirta de novo no que realmente é: un servizo e un dereito.

Así mesmo, desculpade se estes días non escribimos nada sobre o tema pero pareceunos que o máis prudente era darlle unha marxe de tempo aos novos horarios, ás monitoras (que, por se non o sabedes, son todas novas, logo de que a empresa decidira prescindir das traballadoras do curso pasado un par de días antes do inicio das clases) e tamén ao colexio e á nova empresa que xestiona os monitores do comedor. Transcorrido ese tempo, vos informamos do que hai e queremos transmitirvos que en todo momento seguimos moi de preto e con preocupación as incidencias das que iamos tendo costancia.

Please publish modules in offcanvas position.