Escape Room: "Eu tamén quero ser Streamer"

Aledámonos moito de poder anunciar a primeira actividade do programa "Encontros de Familias: Aprendemos Xogando" que se celebrará este sábado día 4 ás 17:30. Sentimos moito avisar con tan pouco tempo, pero aínda recibimos hoxe a confirmación de que podiamos usar a sala de usos múltiples da Casa da Cultura.

Escape Room: "Eu tamén quero ser Streamer"

Coñeces Twitch? Sabes quen son TheGrefg,  AuronPlay,  Rubius ou IamCristini?

Seguramente a moitos non vos soen de nada, pero se lle preguntades aos vosos fillos e fillas non terán ningunha dúbida de quen son e o que fan, ata é probable que algúns sigan a miudo as súas emisións e que de maiores querian ser tamén streamers coma eles(o de youtubers xa está pasado de moda).

Tamén é seguro que che saberán nomear moitos dos videoxogos aos que xogan estes famosos streamers como Fortnite, Minecraft, GTA, Among Us ou LoL.

Por iso cremos que é moi importante que as familias poidamos achegarnos ao que lles gusta aos nosos fillos e fillas, ver en que consiste, divertirnos con eles e coñecer tamén os riscos que existen para poder advertilos e axudarlles.

Deste modo o Escape Room será unha oportunidade fantástica para que todos e todas poidamos aprender mentres xogamos en familia cos nosos fillos e fillas.

Inscrición

As dúas sesións do sábado 4 quedaron completas, así que este sábado 11 teremos novas sesións do Escape Room na Casa da Cultura 16:30, 17:40 e 18:50.

Como as prazas son bastante limitadas, recomendámosvos inscribirvos canto antes cubrindo este formulario:

Eventos

Domingo, 14 Decembro 2025 22:09

Patios coeducativos e inclusivos no Nadal ☃️☃️ Ao longo desta semana e da vindeira estanse a realizar as seguintes actividades durante o tempo de recreo: 🎄Elaboración dunha carta para...

Domingo, 14 Decembro 2025 22:09

🎄 OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA 🎄 Como xa é tradición, o próximo sábado día 20 convidámosvos a pasar unha tarde en familia facendo manualidades de Nadal 🎨✨ 📅 Sábado 20 ás 17:00 no...

Martes, 25 Novembro 2025 18:35

O próximo sábado día 29 de novembro ás 17:00 celebraremos as V Xornadas pola Igualdade. Agradecemos a colaboración a CPEIG, Acougo, Anedia Galicia, Fagamos, Arelas, asociación de familias...

Luns, 27 Outubro 2025 22:09

🎃Esta semana en Patios Coeducativos e Inclusivos levaremos a cabo unha manualidade de Samaín. Non será a manualidade da foto, para manter a sorpresa ao alumnado 😉, pero esperamos que o pasen...

Luns, 27 Outubro 2025 22:09

🎃 As terroríficas cabazas elaboradas polos nenos e nenas do CEP de Ventín estarán expostas dende o Xoves día 30 as 17:00 ata o 31 todo o día na Casa da Cultura do Milladoiro! 🎃 Todos os nenos...

Mércores, 24 Setembro 2025 22:09

🎉 Retomamos as actividades de patios coeducativos! 🌈 Mañá xoves retomamos as actividades de patios coeducativos e inclusivos que tanto éxito tiveron durante os cursos pasados. Para as...

Domingo, 20 Outubro 2024 19:29

As terroríficas cabazas elaboradas polos nenos e nenas do CEP de Ventín estarán expostas dende o mércores 30 pola tarde ata o venres 8 na Casa da Cultura de Milladoiro O sábado 26 de...

Mércores, 01 Novembro 2023 18:52

O próximo sábado 11 de novembro ás 17:00 celebraremos as “IV Xornadas pola Igualdade” que nos servirán para aprender e reflexionar coas charlas que temos preparadas. Nas Xornadas tamén...

Please publish modules in offcanvas position.