Encontro de Familias Xincana da Volta ao Mundo

O sábado 13 de maio ás 17:30 realizaremos unha Xincana da Volta ao Mundo.

Desta volta nos Encontros de Familias faremos unha viaxe por diferentes países, recordando a que fixo Willy Fog.

Nesta viaxe coñeceremos novos países, as súas culturas, gastronomía, datos interesantes, personaxes famosos, etc.

Teremos que resolver unha serie de retos sobre xeografía, cultura, sociedade, música, idiomas, etc para chegar á gran festa final da diversidade cultural.

Grazas a esta xincana fomentaremos a conciencia e a comprensión da diversidade cultural, promoveremos a empatía e a tolerancia cara outras culturas, estimularemos o traballo en equipo e a colaboración entre familias, e melloraremos a habilidade da investigación e a aprendizaxe autodirixida.

Todo isto, por suposto, sen esquecer o carácter lúdico que nos proporciona unha experiencia divertida e enriquecedora.

A actividade terá lugar o sábado 13 de maio ás 17:30h e o punto de encontro será no local do antigo centro de saúde do Milladoiro (se o tempo o permite farémola ao aire libre).

É necesaria inscrición previa, podes inscribirte premendo no seguinte botón:

INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO

Esta actividade é parte do programa "Encontros de Familias: Aprendemos Xogando" impulsado pola ANPA As Brañas do CEP de Ventín.

Lembra que se trata de actividades en familia, polo que os menores deberán vir acompañados.

Eventos

Domingo, 14 Decembro 2025 22:09

Patios coeducativos e inclusivos no Nadal ☃️☃️ Ao longo desta semana e da vindeira estanse a realizar as seguintes actividades durante o tempo de recreo: 🎄Elaboración dunha carta para...

Domingo, 14 Decembro 2025 22:09

🎄 OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA 🎄 Como xa é tradición, o próximo sábado día 20 convidámosvos a pasar unha tarde en familia facendo manualidades de Nadal 🎨✨ 📅 Sábado 20 ás 17:00 no...

Martes, 25 Novembro 2025 18:35

O próximo sábado día 29 de novembro ás 17:00 celebraremos as V Xornadas pola Igualdade. Agradecemos a colaboración a CPEIG, Acougo, Anedia Galicia, Fagamos, Arelas, asociación de familias...

Luns, 27 Outubro 2025 22:09

🎃Esta semana en Patios Coeducativos e Inclusivos levaremos a cabo unha manualidade de Samaín. Non será a manualidade da foto, para manter a sorpresa ao alumnado 😉, pero esperamos que o pasen...

Luns, 27 Outubro 2025 22:09

🎃 As terroríficas cabazas elaboradas polos nenos e nenas do CEP de Ventín estarán expostas dende o Xoves día 30 as 17:00 ata o 31 todo o día na Casa da Cultura do Milladoiro! 🎃 Todos os nenos...

Mércores, 24 Setembro 2025 22:09

🎉 Retomamos as actividades de patios coeducativos! 🌈 Mañá xoves retomamos as actividades de patios coeducativos e inclusivos que tanto éxito tiveron durante os cursos pasados. Para as...

Domingo, 20 Outubro 2024 19:29

As terroríficas cabazas elaboradas polos nenos e nenas do CEP de Ventín estarán expostas dende o mércores 30 pola tarde ata o venres 8 na Casa da Cultura de Milladoiro O sábado 26 de...

Mércores, 01 Novembro 2023 18:52

O próximo sábado 11 de novembro ás 17:00 celebraremos as “IV Xornadas pola Igualdade” que nos servirán para aprender e reflexionar coas charlas que temos preparadas. Nas Xornadas tamén...

Please publish modules in offcanvas position.