Festa das familias 2016 - Resumo

Despois dunha fin de semana cargada de emocións e de alegría en Ventín, chegou o luns e con el a volta á rutina. Pero hoxe seguro que os ecos da marabillosa Festa das Familias que se viviu o sábado en Ventín, aínda retumban no colexio e nas conversas dos nosos fillos. Será unha festa difícil de olvidar, polo ben que saíu, pola espectacular afluencia de xente, e sobre todo, polo moito que a desfrutamos tod@s, desde o máis pequeno ata o maior. Un día redondo que nin o tempo foi capaz de deslucir. En definitiva, un gran día en familia.

Sodes moitos os que desde o sábado nos tendes felicitado aos membros da Anpa Ventin pola festa. Pero non sería xusto permitir que as loubanzas recaian en nós cando o éxito da Festa das Familias é sempre un traballo colectivo. Por iso, en primeiro lugar, queremos agradecerlles aos papás e mamás de 5º que se deixaran a pel na elaboración e reparto da comida e da bebida que desfrutamos este sábado, así como por organizar de forma exemplar os xogos populares cos que os nosos fillos pasaron a tarde no patio cuberto. Mérito deles foi tamén que o colexio quedara ao final da xornada limpo e ordenado, borrando calquera pegada de que centos de persoas pasaran alí todo o día. E unha mención á parte merecen tamén os cativos de 5º, que se viñeron arriba ante o reto de vender rifas e demostraron que están dispostos a traballar duro para a súa excursión a Cantabria do próximo ano.

Pero sen dúbida esta festa nunca sería posible se non dispuxéramos dun sitio onde poder celebrala. E non un sitio calquera: Ventín. Os nosos seguintes agradecementos deben dirixirse por iso ao equipo directivo do noso centro, sempre colaborador, sempre disposto a abrir ás portas do colexio a pais e nais. ¿Cantos colexios coñecedes que despidan o curso cunha celebración aberta e nada menos que en fin de semana? Se sabedes a resposta, entenderedes sen dúbida por que a Festa das Familias é algo que fai o noso colexio único e especial.

Tamén debemos darlle ás gracias ao concello, polo material cedido para a festa (grellas, sillas,…) e a todos os grupos políticos municipais que enviaron a algún representante o sábado a Ventín (incluído o novo alcalde), nun día sen dúbida importante e complicado para eles pola coincidencia co pleno de investidura.

E por último, pero nunca menos importante, gracias e mil gracias ao señor Casas. Esa figura silenciosa e discreta que recibe cada día aos nosos fillos cun sorriso e que o sábado nos fixo a vida moito máis fácil aos organizadores da festa, traballando desde as 9 da mañán para que non nos faltara de nada. Pepe, gracias por ser ti e por favor, ¡non te xubiles nunca! 

Todas as persoas ás que acabamos de nomear merecen sen dúbida os nosos agradecementos. E pedimos desculpas por adiantado se nos deixamos a alguén esquecido, porque sodes moitos os que contribuístedes a converter nun éxito esta celebración. 

Entre todos deixáchedes o listón tan alto que aos que lles toque organizar a Festa das Familias do 2016 só lles podemos desexar sorte. Aínda que nesta Anpa sabemos de boa tinta que, para que as cousas saian ben, a mellor receita é traballo e ilusión. Moitas gracias a todos e o ano que vén... ¡vémonos en Ventín!

 

Festa das familias

Queridas familias do CEP de Ventín:

Como tódolos anos, a Anpa As Brañas dará unha gran festa no colexio para despedir o curso escolar e nesta ocasión a cita será o sábado 13 de xuño.

Pola mañán serán protagonistas os nenos coa tradicional exhibición das actividades extraescolares, a final do campionato escolar de fútbol e un xantar planificado e organizado por un grupo de pais e nais dos alumnos de 5º curso para recadar fondos para a viaxe de fin de curso do próximo ano. Xa pola tarde haberá xogos tradicionais nos que poderemos participar grandes e pequenos, ademais de diferentes atraccións e inchablespara os cativos. A tómbola dos rapaces de 5º, como cada ano, será o preludio do fin de festa.

Isto simplemente é un avance do que será a Fiesta das Familias 2015. A comezos do mes de xuño chegaravos unha circular da Anpa con tódolos detalles e horarios e as instruccións a seguir para aqueles que queirades compartir unha xornada lúdica e de convivencia no Cole dos nosos fill@s.

Reservade o 13 de xuño nos vosos calendarios e vinde participar nunha festa que co paso do tempo se ten convertido nun sinal de identidade do noso colexio. Será un pracer contar con vós e as vosas familias outro ano máis.

Vémonos en Ventín!!

Eventos

Mércores, 01 Novembro 2023 18:52

O próximo sábado 11 de novembro ás 17:00 celebraremos as “IV Xornadas pola Igualdade” que nos servirán para aprender e reflexionar coas charlas que temos preparadas. Nas Xornadas tamén...

Mércores, 25 Outubro 2023 19:29

As terroríficas cabazas elaboradas polos nenos e nenas do CEP de Ventín estarán expostas dende o martes 31 pola tarde ata o venres 3 na Casa da Cultura de Milladoiro O sábado ás 17:30...

Luns, 16 Outubro 2023 11:23

A actividade terá lugar o sábado día 28 de outubro ás 17:30 na sala de usos múltiples da Casa da Cultura de Milladoiro. É necesaria inscrición previa, podes inscribirte premendo no...

Luns, 08 Mai 2023 10:28

O sábado 13 de maio ás 17:30 realizaremos unha Xincana da Volta ao Mundo. Desta volta nos Encontros de Familias faremos unha viaxe por diferentes países, recordando a que fixo Willy...

Domingo, 16 Abril 2023 10:28

O sábado 22 de abril ás 17:30 realizaremos unha nova actividade do programa "Encontros de Familias: Aprendemos Xogando" nesta ocasión estará adicado ao Día do Libro. Para comezar...

Venres, 10 Marzo 2023 19:28

O sábado 25 de marzo ás 17:00 realizaremos unha nova actividade do programa "Encontros de Familias: Aprendemos Xogando" nesta ocasión tratarase dunha serie de obradoiros científicos. Os...

Martes, 28 Febreiro 2023 22:28

Se non tedes xa plan para esta fin de semana, este sábado rganizamos un novo e divertido obradoiro do programa "Encontros de familias" onde seguro o pasaredes xenial. O obradoiro estará...

Domingo, 08 Xaneiro 2023 16:49

Comezamos unha nova edición do programa "Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín" adicado a traballar por un patio coeducativo e inclusivo no CEP de Ventín. O patio é un lugar...

Please publish modules in offcanvas position.