O sábado 13 de maio ás 17:30 realizaremos unha Xincana da Volta ao Mundo.
Desta volta nos Encontros de Familias faremos unha viaxe por diferentes países, recordando a que fixo Willy Fog.
Nesta viaxe coñeceremos novos países, as súas culturas, gastronomía, datos interesantes, personaxes famosos, etc.
Teremos que resolver unha serie de retos sobre xeografía, cultura, sociedade, música, idiomas, etc para chegar á gran festa final da diversidade cultural.
Grazas a esta xincana fomentaremos a conciencia e a comprensión da diversidade cultural, promoveremos a empatía e a tolerancia cara outras culturas, estimularemos o traballo en equipo e a colaboración entre familias, e melloraremos a habilidade da investigación e a aprendizaxe autodirixida.
Todo isto, por suposto, sen esquecer o carácter lúdico que nos proporciona unha experiencia divertida e enriquecedora.
A actividade terá lugar o sábado 13 de maio ás 17:30h e o punto de encontro será no local do antigo centro de saúde do Milladoiro (se o tempo o permite farémola ao aire libre).
É necesaria inscrición previa, podes inscribirte premendo no seguinte botón:
Esta actividade é parte do programa "Encontros de Familias: Aprendemos Xogando" impulsado pola ANPA As Brañas do CEP de Ventín.
Lembra que se trata de actividades en familia, polo que os menores deberán vir acompañados.