Xincanas pola Igualdade
Mañá comezarán a realizarse as Xincanas pola Igualdade que estivemos organizando estas semanas.
Para saber cando lle tocará á vosa aula podedes ver o calendario aquí:
https://docs.google.com/document/d/1BRHfmZ4Os6fyPDyqpG7qnwLCZsEGGxR2wa5Ns-I8Dik/edit?usp=sharing
A xincanas tratarán de concienciar ás crianzas sobre a importancia da corresponsabilidade nas tarefas domésticas, todo dun xeito divertido e ameno.
Para elo en parellas (ao poder ser neno con nena) irán realizando seguintes probas que estarán preparadas no patio cuberto:
- Tender, recoller e doblar roupa: os rapaces e rapazas atoparanse cun tendal e ao lado
diferentes tipos de roupa e pinzas. Estes deberán tender esta roupa, e logo
recollela e doblala ben. - Poñer e quitar pañais a un boneco: Na seguinte estación atoparanse un bebé de xoguete con pañais e roupa de bebé, deben poñerlle o pañal, vestilo e logo desvestilo e
quitarlle o pañal. - Coser un botón: Os rapaces e rapazas terán que coser un botón a un retal
de tela. Os mais pequenos atoparanse as agullas enfiadas e serán botóns
grandes. - Barrer e recoller: Nesta proba atoparanse diferentes embases, follas e
“basura”, que terán que recoler con escoba e recolledor e metela na papeleira
que está ao lado. - Poñer e recoller a mesa: Terán que preparar unha mesa para comer 4 persoas. E logo, volver a recollela e organizar os cubertos.
Por último terán unha proba final en grupo: o delantal da corresponsabilidade.
Ao rematar darémoslles:
- Uns diplomas: que sempre lles fan ilusión
- Un contrato de corresponsabilidade familar: para que cumplimenten con vós na casa e así sigan aplicando o aprendido ;-)
- Conto "En Casa" sobre a corresponsabilidade familiar
Lembrade preguntarlles que tal a actividade e podedes enviarnos as vosas opinións e comentarios.
Agardamos que vos guste a actividade!!
----
O programa “Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín” está financiado por:
Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero
Secretaria Xeral da Igualdade
Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero