Consultas ou Temas a tratar pola ANPA

Todos temos un obxectivo común que é lograr a mellor escola posible para os nosos fillos e fillas, por iso se tes algunha dubida ou cuestión a ANPA está o teu servicio, para intentar aclaralas partindo do principio de total transparencia de cara os asociados.

O único que tes que facer é cubrir este formulario de consultas , revisaremos a túa consulta e trataremos de informarte e/ou informar a todos os pais debidamente se é unha consulta de interese común.

Colaborando entre todos podemos conseguir moitas cousas, por iso tamén contamos coa túa axuda para levar a cabo procesos de mellora en distintas areas.

Podes revisar o listado actual de consultas recibidas, porque ao mellor alí atopas unha consulta similar  e podes indicar que ti tamén estás interesado nela. Ademáis tamén podes valorar o resto de queixas existentes e indicarnos o teu nivel de interese en cada unha delas:

      http://bit.ly/listado-consultas

Queixas


Todos temos un obxectivo común que é lograr a mellor escola posible para os nosos fillos e fillas, por iso se tes algunha queixa con respecto a calquera aspecto concernente a escolarizacion do teu/s fillos a ANPA está o teu servicio, para intentar buscar unha solución partindo do principio de total transparencia de cara os asociados, e por ese mesmo principio tamen serán ben recibidas as críticas constructivas relativas o funcionamento da ANPA.

O único que tes que facer é cubrir este formulario de queixas, revisaremos a túa queixa e trataremos de informarte e/ou informar a todos os pais debidamente se é unha consulta de interese común, e intentar achegar solucións.

Colaborando entre todos podemos conseguir moitas cousas, por iso tamén consideramos importantes as túas queixas, porque o primero paso para intentar mellorar e facer crítica das cousas que se poden mellorar.

Podes revisar o listado actual de queixas recibidas, porque ao mellor alí atopas unha queixa similar  e podes indicar que ti tamén estás interesado nela. Ademáis tamén podes valorar o resto de queixas existentes e indicarnos o teu nivel de interese en cada unha delas:


Propostas

 


Todos temos un obxectivo común que é lograr a mellor escola posible para os nosos fillos e fillas, por iso se cres que hai algo que se podería mellorar, e no que dende a ANPA che poderíamos axudar, non dubides en enviarnos a túa proposta.

O único que tes que facer é cubrir o Formulario de Propostas, revisaremos a túa proposta e trataremos de axudarche en todo o que poidamos para que se poida levar a cabo. No seguinte enlace podes ver o proceso que seguirá a túa proposta

Podes revisar o Listado actual de propostas pendentes,  porque ao mellor alí atopas alguna que che interese e podes unirte a ela. Ademáis tamén podes valorar as existentes e indicarnos o teu nivel de interese en cada unha delas:

Colaborando entre todos podemos conseguir moitas cousas, contamos coa túa axuda.

Únete e colabora!

Novas

20 Outubro 2024

As terroríficas cabazas elaboradas polos nenos e nenas do CEP de Ventín estarán expostas dende o mércores 30 pola tarde ata o venres 8 na Casa da Cultura de Milladoiro O sábado 26 de...

16 Decembro 2023

Resolución concesión Axudas ANPAS do Concello de Ames 2022 e 2023 Con data 20/11/2023 e 24/11/2023 recibimos a resolución de concesión das axudas para ANPAS do Concello de Ames relativas aos...

01 Novembro 2023

O próximo sábado 11 de novembro ás 17:00 celebraremos as “IV Xornadas pola Igualdade” que nos servirán para aprender e reflexionar coas charlas que temos preparadas. Nas Xornadas tamén...

25 Outubro 2023

As terroríficas cabazas elaboradas polos nenos e nenas do CEP de Ventín estarán expostas dende o martes 31 pola tarde ata o venres 3 na Casa da Cultura de Milladoiro O sábado ás 17:30...

16 Outubro 2023

A actividade terá lugar o sábado día 28 de outubro ás 17:30 na sala de usos múltiples da Casa da Cultura de Milladoiro. É necesaria inscrición previa, podes inscribirte premendo no...

08 Mai 2023

O sábado 13 de maio ás 17:30 realizaremos unha Xincana da Volta ao Mundo. Desta volta nos Encontros de Familias faremos unha viaxe por diferentes países, recordando a que fixo Willy...

16 Abril 2023

O sábado 22 de abril ás 17:30 realizaremos unha nova actividade do programa "Encontros de Familias: Aprendemos Xogando" nesta ocasión estará adicado ao Día do Libro. Para comezar...

10 Marzo 2023

O sábado 25 de marzo ás 17:00 realizaremos unha nova actividade do programa "Encontros de Familias: Aprendemos Xogando" nesta ocasión tratarase dunha serie de obradoiros científicos. Os...

28 Febreiro 2023

Se non tedes xa plan para esta fin de semana, este sábado rganizamos un novo e divertido obradoiro do programa "Encontros de familias" onde seguro o pasaredes xenial. O obradoiro estará...

08 Xaneiro 2023

Comezamos unha nova edición do programa "Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín" adicado a traballar por un patio coeducativo e inclusivo no CEP de Ventín. O patio é un lugar...

22 Novembro 2022

A actividade terá lugar o sábado día 26 de novembro ás 17:30 na sala de usos múltiples da Casa da Cultura de Milladoiro. É necesaria inscrición previa, podes inscribirte premendo no...

26 Outubro 2022

A actividade terá lugar o sábado día 29 de outubro ás 17:30 na sala de usos múltiples da Casa da Cultura de Milladoiro. É necesaria inscrición previa, podes inscribirte premendo no...

23 Outubro 2022

As terroríficas cabazas elaboradas polos nenos e nenas do CEP de Ventín estarán expostas dende o vernes 28 pola tarde ata o luns 31 na Casa da Cultura de Milladoiro O sábado ás 17:30...

15 Outubro 2022

O próxio sábado 22 de outubro ás 17:00 celebraremos as “III Xornadas pola Igualdade” que nos servirán para aprender e reflexionar coas charlas que temos preparadas. Nas Xornadas tamén...

Please publish modules in offcanvas position.